segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

25 novembro. Día da violencia de xénero.

O 25 de Novembro e o día internacional contra a violencia de xénero. No I.E.S plurilingue Fontem Albei da Fonsagrada fixéronse unha serie de actividades en homenaxe. Todos os alumnos e profesores colaboramos no q puidemos:

Na clase de educación platica e visual fíxose un mural coas siluetas dunhas mulleres bailando que posteriormente se colocou nunha das paredes da entrada do centro.


Nel todos os alumnos que o consideraron puideron colocar unha frase contra a violencia de xénero, a posteriori someteronse todas as frases a votación na que todos votamos a nosa favorita.

O lema gañador deste certame resultou ser :
non fagas chorar a quén amas” do alumno de PCPI José María Pasarín Díaz.


Neses mesmos dìas e nos seguintes, na clase de OIE un grupo de alumnos vimos unha pelìcula relacionada coa violencia de xènero “Te doy mis ojos” onde actuaba Luis tosar.

Conta a historia dunha muller maltratada polo seu home, maltratada física e sicoloxicamente ten medo e marcha para onde a súa irmá. A irmá advirtea do perigo que corre volvendo co pero ella acaba por regresar de novo o seu fogar.

Ela ten o soño de poder ser guia nun museo pero el nunlle permite facelo realidade, o día da súa entrevista de traballo el agrédea e non lle deixa ir a ela.


Finalmente el intenta suicidarse e ela regrea coa súa  irmá.


Jorge Álvarez López!

Igrexas da Fonsagrada


O 17, o 18 e o 19 de Novembro tivo lugar a exposición de igrexas da Fonsagrada durante o congreso da Enciga, no I.E.S. Plurilingüe Fontem Albei.
Nesta exposición móstranse a maioría das igrexas do concello de Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Son dous concellos situados nas montañas do extremo oriental de Galicia, na zona que linda co oriente asturiano. A exposición acompañanse de mapas explicativos das fotografías. Na exposición aparecen as igrexas das parroquias de:

Fonsagrada Noroeste:
Pacios.
San Pedro de Maderne.
San Pedro de Neiro.
San Andres de Logares.
Carballido.



Fonsagrada Norleste:
Santa María de Trobo.
Santa María de Veiga de Logares.
San Roque de Lamas de Campos.
San Ciprián da Trapa.



Fonsagrada Surleste:
Vilabol.
Vilar de Cuiñas.
Lamas de Moreira.
Monteseiro.
O Fito.
Cereixido.
A Porteliña.
Louxas.
Arroxo.

Negueira de Muñiz:
Negueira e Ouviaño



Fonsagrada Suroeste:
Piñeira.
Vieiro.
San Lorenzo.
Bruicedo.
San Pedro de Riba.
San Xiao de Freixo.


Levouse a cabo grazas ós alumnos de 3º e 4º de Eso. A min persoalmente, ainda que non son moi relixioso, pareceume interesante, pois amosa a arquitectura antiga do noso concello. E ademáis fixémola nós.


Artur Navia Faioes 4º ESO

Excursión 4º ESO

Neste traballo vou falar de como os alumnos de 4 de eso estamos a recaudar diñeiro para a excursion de fin de curso, entre todos aportamos diferentes cousas, entre elas produtos caseiros como por exemplo doces para vender nas distintas feiras de A Fonsagrada.

ACHEGAS QUE APORTA CADA ALUMNO.

Cada alumno achega distintos produtos para vendelos nas distintas feiras, e para metelos na cesta que vamos sortear no nadal. Desta forma conseguiremos sacar os cartos limpos. Aquí amosamos unha foto do lugar onde situamso o posto de venda, no vestíbulo do noso IES. Aquí na Fonsagrada os invernos son moi fríos e as actividades facémolas ao quente.



PRODUTOS QUE VENDEMOS
No instituto temos unha tenda na que vendemos distintas cousas, como por exemplo chicles, chupachups, bebidas refrescantes, patacas fritas de bolsa e distintas golosinas. tamen vendemos produtos caseiros nas distintas feiras da Fonsagrada , onde o alcalde nos ten un posto reservado nas carpas de cada feira. As feiras nas que temos pensado vender son a feira do porco celta,feira de nadal e na feira do butelo.



RIFAS QUE VENDEMOS
Tamen vendemos rifas para o sorteo nadal.


Adrián López

A Outonia na Fonsagrada


Fotografías do Outono

Foi un concurso realizado polos alumnos de 4º da E.S.O

O propósito era presentar fotos da outonía na Fonsagrada

A foto que máis guste á xente sería a gañadora dun fabuloso premio

O concurso aconteceu durante os meses de outubro e novembro e podia participar todo o persoal do centro

O xurado estivo formado por 2 profesores e un alumno. Os premios foron para alumnos/as de Bacharelato. As fotografías participantes e tamén as gañadoras están expostas no comedor que comparten comedor e insituto.

Daniel Llano





Daniel LLano Muñoz

NAVIA DE SUARNA ARQUITECTURA TRADICIONAL


Esta exposición foi presentada no 17, 18 e 19 de novembro no I.E.S Plurilingüe Fomtem Albei da Fonsagrada.

As fotos foron sacadas polos alumnos do C.P.I Daniel Monje de Navia de Suarna, que logo enviaron ós da Fonsagrada, quenes elaboraron a exposición.

A exposición recolle a arquitectura tradicional, como por exemplo as casas, o horreos, as cortes etc, etc.

As fotos sacáronse nas parroquias de Navia de Suarna, que son as seguintes :

San Miguel de Barcia.
Santa Maria de Cabanela.
Santiago de Castañedo.
Santa Eufemia de Folgueiras.
San Pedro de Freixís.
Santiago de Galegos.
Santiago de Moya.
San Salvador de Mosteiro.
San Xosé de Muñis.
Santiago de Penamil.
Santa Maria de Pin.
Santa Maria Madalena de Pobra de Navia.
Santiago de Queizan.
Santa Maria de Rao.
Santo Estevo de Ribeira.
Santa Maria de Ribon.
San Xoán de Sevane.
Santa Maria de Son.
Santa Maria de Valo.
Santo Estevo de Vilarpandín.




A exposición estruturouse en tres paneis, que estaban divididos en parroquias, cada unha coas suas fotos e comentarios debaixo de cada unha.

A exposición trouxose do colexio de Navia de Suarna, para o congreso de Enciga, para que a xente soupese como é a arquitectura tradicional de Navia de Suarna, na comarca dos Ancares.



A exposición pareceume que estaba ben feita, porque a fixemos nós.




Guido F.  Táboas Pometti 4º E.S.O A