quarta-feira, 17 de outubro de 2012

O PARTENÓN



O cineasta grego Costa Gavras amósanos a accidentada vida do Partenón e das súas esculturas, que hoxe se poden ver no British Museum. Esta pequena curta documental, que se proxecta no Museo da Acrópolis de Atenas, recolle tamén "A Maldición de Minerva", poema onde Lord Byron critica o expolio das esculturas do templo por parte dos británicos no século XIX.

Para saber máis arredor da historia deste templo podedes ler a continuación o seguinte artigo, onde atoparedes tamén o poema de Byron traducido: García-Aragón http://www.eens.org/EENS_congresses/2010/Garcia-Aragon_Alejandro.pdf


segunda-feira, 14 de maio de 2012

Facendo Xabón no club de lectura do IES Plurilingüe Fontem Albei

No club de lectura do IES Plurilingüe Fontem Albei, aproveitando a lectura "Tonecho de Rebordechao" de Breogán Riveiro, fixemos xabón ao xeito tradicional, xa que na casa dos avós do protagonista tamén o facían. Agradecemos a experiencia de Lola e Felicitas, dúas veciñas da Fonsagrada que amablemente nos axudaron nesta aventura. Lede o libro que é moi entretido!!!


TÍRALLE DA LINGUA


segunda-feira, 2 de janeiro de 2012

Alquimistas

As nosas compañeiras de 3º da ESO, durante o congreso de ENCIGA 2011, aportaron esta orixinal idea para dar solucións á actual crise.