segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

25 novembro. Día da violencia de xénero.

O 25 de Novembro e o día internacional contra a violencia de xénero. No I.E.S plurilingue Fontem Albei da Fonsagrada fixéronse unha serie de actividades en homenaxe. Todos os alumnos e profesores colaboramos no q puidemos:

Na clase de educación platica e visual fíxose un mural coas siluetas dunhas mulleres bailando que posteriormente se colocou nunha das paredes da entrada do centro.


Nel todos os alumnos que o consideraron puideron colocar unha frase contra a violencia de xénero, a posteriori someteronse todas as frases a votación na que todos votamos a nosa favorita.

O lema gañador deste certame resultou ser :
non fagas chorar a quén amas” do alumno de PCPI José María Pasarín Díaz.


Neses mesmos dìas e nos seguintes, na clase de OIE un grupo de alumnos vimos unha pelìcula relacionada coa violencia de xènero “Te doy mis ojos” onde actuaba Luis tosar.

Conta a historia dunha muller maltratada polo seu home, maltratada física e sicoloxicamente ten medo e marcha para onde a súa irmá. A irmá advirtea do perigo que corre volvendo co pero ella acaba por regresar de novo o seu fogar.

Ela ten o soño de poder ser guia nun museo pero el nunlle permite facelo realidade, o día da súa entrevista de traballo el agrédea e non lle deixa ir a ela.


Finalmente el intenta suicidarse e ela regrea coa súa  irmá.


Jorge Álvarez López!

Igrexas da Fonsagrada


O 17, o 18 e o 19 de Novembro tivo lugar a exposición de igrexas da Fonsagrada durante o congreso da Enciga, no I.E.S. Plurilingüe Fontem Albei.
Nesta exposición móstranse a maioría das igrexas do concello de Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Son dous concellos situados nas montañas do extremo oriental de Galicia, na zona que linda co oriente asturiano. A exposición acompañanse de mapas explicativos das fotografías. Na exposición aparecen as igrexas das parroquias de:

Fonsagrada Noroeste:
Pacios.
San Pedro de Maderne.
San Pedro de Neiro.
San Andres de Logares.
Carballido.



Fonsagrada Norleste:
Santa María de Trobo.
Santa María de Veiga de Logares.
San Roque de Lamas de Campos.
San Ciprián da Trapa.



Fonsagrada Surleste:
Vilabol.
Vilar de Cuiñas.
Lamas de Moreira.
Monteseiro.
O Fito.
Cereixido.
A Porteliña.
Louxas.
Arroxo.

Negueira de Muñiz:
Negueira e Ouviaño



Fonsagrada Suroeste:
Piñeira.
Vieiro.
San Lorenzo.
Bruicedo.
San Pedro de Riba.
San Xiao de Freixo.


Levouse a cabo grazas ós alumnos de 3º e 4º de Eso. A min persoalmente, ainda que non son moi relixioso, pareceume interesante, pois amosa a arquitectura antiga do noso concello. E ademáis fixémola nós.


Artur Navia Faioes 4º ESO

Excursión 4º ESO

Neste traballo vou falar de como os alumnos de 4 de eso estamos a recaudar diñeiro para a excursion de fin de curso, entre todos aportamos diferentes cousas, entre elas produtos caseiros como por exemplo doces para vender nas distintas feiras de A Fonsagrada.

ACHEGAS QUE APORTA CADA ALUMNO.

Cada alumno achega distintos produtos para vendelos nas distintas feiras, e para metelos na cesta que vamos sortear no nadal. Desta forma conseguiremos sacar os cartos limpos. Aquí amosamos unha foto do lugar onde situamso o posto de venda, no vestíbulo do noso IES. Aquí na Fonsagrada os invernos son moi fríos e as actividades facémolas ao quente.



PRODUTOS QUE VENDEMOS
No instituto temos unha tenda na que vendemos distintas cousas, como por exemplo chicles, chupachups, bebidas refrescantes, patacas fritas de bolsa e distintas golosinas. tamen vendemos produtos caseiros nas distintas feiras da Fonsagrada , onde o alcalde nos ten un posto reservado nas carpas de cada feira. As feiras nas que temos pensado vender son a feira do porco celta,feira de nadal e na feira do butelo.



RIFAS QUE VENDEMOS
Tamen vendemos rifas para o sorteo nadal.


Adrián López

A Outonia na Fonsagrada


Fotografías do Outono

Foi un concurso realizado polos alumnos de 4º da E.S.O

O propósito era presentar fotos da outonía na Fonsagrada

A foto que máis guste á xente sería a gañadora dun fabuloso premio

O concurso aconteceu durante os meses de outubro e novembro e podia participar todo o persoal do centro

O xurado estivo formado por 2 profesores e un alumno. Os premios foron para alumnos/as de Bacharelato. As fotografías participantes e tamén as gañadoras están expostas no comedor que comparten comedor e insituto.

Daniel Llano





Daniel LLano Muñoz

NAVIA DE SUARNA ARQUITECTURA TRADICIONAL


Esta exposición foi presentada no 17, 18 e 19 de novembro no I.E.S Plurilingüe Fomtem Albei da Fonsagrada.

As fotos foron sacadas polos alumnos do C.P.I Daniel Monje de Navia de Suarna, que logo enviaron ós da Fonsagrada, quenes elaboraron a exposición.

A exposición recolle a arquitectura tradicional, como por exemplo as casas, o horreos, as cortes etc, etc.

As fotos sacáronse nas parroquias de Navia de Suarna, que son as seguintes :

San Miguel de Barcia.
Santa Maria de Cabanela.
Santiago de Castañedo.
Santa Eufemia de Folgueiras.
San Pedro de Freixís.
Santiago de Galegos.
Santiago de Moya.
San Salvador de Mosteiro.
San Xosé de Muñis.
Santiago de Penamil.
Santa Maria de Pin.
Santa Maria Madalena de Pobra de Navia.
Santiago de Queizan.
Santa Maria de Rao.
Santo Estevo de Ribeira.
Santa Maria de Ribon.
San Xoán de Sevane.
Santa Maria de Son.
Santa Maria de Valo.
Santo Estevo de Vilarpandín.




A exposición estruturouse en tres paneis, que estaban divididos en parroquias, cada unha coas suas fotos e comentarios debaixo de cada unha.

A exposición trouxose do colexio de Navia de Suarna, para o congreso de Enciga, para que a xente soupese como é a arquitectura tradicional de Navia de Suarna, na comarca dos Ancares.



A exposición pareceume que estaba ben feita, porque a fixemos nós.




Guido F.  Táboas Pometti 4º E.S.O A

terça-feira, 25 de outubro de 2011

PREMIO OUFF ESCOLA 2011 AO MELLOR GUIÓN


O vídeo sobre Lois Pereiro que presentamos ao III Certame de Cinema OUFF Escola, que ven de celebrarse este 17 de outubro na cidade de Ourense, alzouse co premio ao mellor guión. O dictame do xurado foi o seguinte: "Conta cun moi bo guión, orixinal, dinámico e ben documentado, o que demostra que detras dun bo documental precísase un importante traballo de guionización previo. Do mesmo xeito posúe unha coidada realización

Unha representación do alumnado e do profesorado viaxamos ata a "Cidade das Burgas" para recollelo. A mostra deste ano, que se enmarcaba dentro da XVI Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, pretendía segundo afirman os organizadores "impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espíritu crítico".


Dende esta bitácora queremos darlle as grazas ao xurado que considerou que a nosa creación era digna de tal galardón e, por suposto, recoñecer que nos gusta que se premie o traballo laborioso e ben feito.

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura".



Xa están á vosa disposición na biblioteca as mochilas viaxeiras, para que disfrutedes delas vós e as vosas familias. En cada mochila hai unha selección de material para que todos poidades desfrutar da lectura. Tamén hai unha libreta na que tódolos membros da familia poderán facer apuntamentos sobre a actividade, engadir suxerencias, comentarios das lecturas ... O compromiso de todos nós a coidar do material axudará ao bo funcionamento da actividade.


quarta-feira, 5 de outubro de 2011

CRISTOBAL COLÓN



DONDE MORREU: Valladolid, España. 1436-1456, O 20 de Maio
de 1506.

DONDE NACEU: Génova.


QUE EXPLOROU?: Foi un navegante, cartógrafo, almirante, virrei e gobernador xeral das indias ao servizo da coroa de Castilla famoso por descubrir America en 1492.

Tivo dous fillos chamados Diego Colon e Hernando Colon.
Non se sabe con certeza a seu orixe, pero especúlase que puidera ser catalán, galego, portugués ou xudío.
PRIMEIRA VIAXE DE COLÓN.
Este ligazón informanos sobre a primeira viaxe que fixo Colón a Florida
http://www.youtube.com/watch?v=1-pabT5exQw&feature=player_detailpage

SEGUNDA VIAXE DE COLÓN.
FILLOS DE COLÓN.
CHEGADA DE CRISTOBAL COLON A AMÉRICA.


 A seguinte ligazón infórmanos sobre as catro viaxes que fixo a América. 


http://www.youtube.com/watch?v=6-3ZNnsC4q4

Richard Burton




Naceu o 8 de setembro de 1918 e morreu o 16 de marzo de 1998, viviu 80 anos. Foi un quimico e profesor universitario britanico, espezializado en química orgánica.

Foi galardonado co premio nobel de quimica no ano 1969. En 1978 foi nomeado director do Institut de Chimie des Substances Naturelles (Instituto de quimica das substancias naturais), Francia. En 1986 a universidade de Texas nombra a Barton profesor distinguido. Ocupou esta posicion durante 12 anos ata a súa morte. En 1954 foi elixido membro da Royal Society da academia internacional da ciencia. En 1965 foi nomeado membro do Council fer scientific policy

Foi nomeado cabaleiro do imperio britanico en 1972 pola raiña Isabel II do Reino Unido pero escolleu ser coñecido como Sir Deret. Especialista en química orgánica, en 1950 o profesor Barton demostrou que as moléculas orgánicas poden asignar unha conformación preferida, basada nos resultados acumulados por fisioquimica, en particular por Odd hassel. En 1969 Barton foi galardoado co premio nobel en química, compartido con Odd Hassel polas súas contribucións ao desenvolvemento do concepto de comformación e as súas aplicacións en química.


Adrián López, 4º ESO

segunda-feira, 3 de outubro de 2011

FERNANDO DE MAGALLANES

 BIBLIOGRAFÍA


Fernando de Magallanes nace en 1480 e falece en 1521 nas Illas Filipinas ós mandos dunha expedición coa cal se prentendía cruzar do Oceano Atlántico ao Oceano Pacífico. O que Magallanes conseguiu.


O que non conseguiu foi superar a dura ruta que viviron durante 3 meses nas illas Molucas, a auga podrecera, pagabanse grandes sumas de diñeiro por simples ratos pa ter algo que levar a boca...
Ahi Fernando falece, e elixese entre a tripulación un novo xefe de especdición. A persona elexida foi Gonzalo Gomez de Vega.
Posteriormente colocase como capitán da nave Victoria Juan Sebastian Elcano. O que en 1522 consigue a primeira circunnavegación o mundo realizada por un europeo.
A nave regresa a España o 6 set 1522.


Jacques-Yves Cousteau


Naceu en Saint-Andre-de-Cubzac (11 de Xullo de 1910) e morreu en París ós 87 anos ( 25 de Xullo de 1997). Foi explorador e investigador do mar e de varias formas de vida coñecidas na auga, tamén foi o coinventor dos reguladores de osíxeno utilizados aínda hoxe no buceo autónomo. En 1979 publica "Carta de Derechos de las Generaciones Futuras". Este documento contén princípios encamiñados a protexer os dereitos das futuras xeracións.


Algunhas aportacións de este home:

  • Desvelou a vida submariña a través de máis de 115 documentais de televisión.
  • Descubriu novas especies mariñas.
  • Contribuiu a medicina submariña.
  • Participou no diseño da turbovela, tecnoloxía que permite que o barco funcione con enerxía eólica.

Artur Navia Faioes

MARCO POLO



Naceu en Venecia o 15 de septiembre de 1254 e morreu con 68 anos en 1324. Fixo duas viaxes a oriente moi importantes:

1ª Expedición:
Partiu hacia a Asia no 1255 e alcanzou China en 1266, chegando a Khanbaliq ou Cambaluc. Marco Polo e os seus compañeiros volveron de China como enviados de Kublai Khan cunha carta para o Papa, na que pedía que enviase xente ilustrada para o seu imperio, para informar a mongoles sobre a súa forma de vida.

2ª Expedicion:
Partiron en 1271 coa resposta do Papa a Kublain Khan. Esta vez, Marco Polo levou ao seu fillo, quen gañou o favor de Kublain Khan facéndose o seu conselleiro. Pouco despois Marco pasou a ser emisario do Khan quen lle daría moitos destinos ó longo dos anos. Nos seus 17 anos de servizo chegou a coñecer as vastas rexións de China.
Grazas a el abriuse a ruta da seda e das especias.

Cando o capturaron na batalla de Xénova contra Venecia escribiu o seu famoso libro “O Millón”.

Aqui deixo unos videos que explican a súa vida:

1ª Parte : http://youtu.be/KFig3cpoTLg
2ª Parte : http://youtu.be/jQcThHxOZ3M
3ª Parte : http://youtu.be/mJHsR7-eAzI



Guido Francisco Táboas Pometti.

Meriwether Lewis




Naceu en Virginia o 18 de agosto do ano 1774 e morreu o 3 de setembro do ano 1809.
Foron personaxes claves dentro da historia e cultura dos Estados Unidos.

William Clarck naceu o 1 de agosto do ano 1770 en Carolina Country , Virginia , onde creceu na plantación familiar, razón pola cal recibiu moi pouca educación formal. Logo , cando tiña 14 anos, a súa familia trasladouse a Kentuchy. Xa aos 19 anos alistouse no exército , no cal destacou por ser un militar hábil, o que lle permitiu ascender rapidamente.

Thomas Jefferson obtuvo a aprobación do Congreso para explorar o recén adquirido territorio de Louisana, quen tamén nomeou a Meriwether Lewis como encargo , quen á vez elixiu a Clarck para que o acompañara.

Durante o ano 1803 dedicou varios meses a estudar astronomia e cartolografía co fin de prepararse para a viaxe , engadindo a todo isto que durante os seus anos de servizo militar aprendera moitas destrezas que lle serian de gran utilidade ao longo da expedición. Saíndo en maio de 1804 dende a Cidade De Sant Louis.


Para ver unha película adicada a Meriwether Lewis (trátase só da primeira parte e está en inglés) clica na seguinte ligazón:


http://www.youtube.com/watch?v=oCSzqNfYrIw&feature=related


Daniel Llano, Tocho.

terça-feira, 27 de setembro de 2011

ESPECIAL LOIS PEREIRO

Alumnos/as de OIE, 3º e 4º da ESO

Curso 2010-2011


O 17 de maio é o día das Letras Galegas, no que se homenaxea a importantes escritores galegos. Neste ano 2011 o homenaxeado foi Lois Pereiro, poeta e escritor galego que naceu en Monforte e falecería aos 38 anos na Coruña pola enfermidade do aceite de colza adulterado, doenza que provocou numerosas mortes en todo o Estado.

No IES FONTEM ALBEI levamos a cabo unha actividade conxunta entre profesorado e alumnado para recordar, e tamén coñecer mellor, a este destacado personaxe da nosa literatura. O proxecto consistiu en gravar un programa de televisión que tivera como tema central a figura de Lois Pereiro. Para este fin o primeiro que fixemos foi buscar información sobre este autor tanto en internet como na biblioteca, onde so existía un poemario. O feito de térenselle dedicado as letras galegas serviu para que a biblioteca se fixese coa case totalidade da súa obra e estudos sobre o autor homenaxeado.

O programa foi ideado como un especial que abordase a figura de Lois, con dous presentadores e varios reporteiros que nos achegasen aos diferentes aspectos da súa vida e obra. Pouco a pouco, a partir da elaboración dun guión inicial, a idea inicial foise transformando e adquirindo un carácter máis desenfadado e menos denso con toques de humor que aportaron frescura e dinamismo ao conxunto.

Así pois, o especial empeza cunhas entrevistas pola rúa a veciños e veciñas da Fonsagrada para logo, xa no IES, indagar sobre figura do homenaxeado a través deste programa. Iria e Jorge son os presentadores que dirixen o especial e contan cunha banda que toca o tema de Radio Océano: Narcisimo. É deste xeito como, a través dun marabilloso playback, a formación Radio Tsunmi, grupo de música montado para a ocasión, agasállanos cun extraordinario concerto do que da boa conta este programa. O tema pon música ao un poema de Lois:

Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul”

Aínda que non todos aparecemos no video como actores, moitos fomos os que participamos activamente na súa elaboración. En plástica, xunto coa profesora, encargámonos de facer os decorados do plató, confeccionando un mural enorme que serviría de fondo aos presentadores, no que sobresae o rostro en negro, sobre fondo vermello, do autor homenaxeado. Así mesmo, os alumnos do Fontem Albei debuxamos outros retratos de Lois e construímos un muro de papel no que escribimos poemas ou frases de Pereiro e tamén debuxos. Elaboramos tres glosters en internet que colgamos no noso blogue de OIE e unha liña do tempo xigante, con información da súa vida e obra, que hoxe decora o vestíbulo do instituto. E, como resultado, ninguén neste centro descoñece a día de hoxe a figura de Lois Pereiro.

Houbo voluntarios e voluntarias para ler os seus poemas e, ata Carolyn, a profesora de inglés chegada de Oregón, prestouse tamén a recitar. Memorable foi a actuación de Silbán lendo a Lois no medio dunha leira de nabos, con Carmen Simón e Rubén Pol como asesores, ou a de Pablo Viadé, interpretando o papel de Punset, como cientítico tolo especialista en colza, entre outras.

En definitiva, foi un traballo colaborativo, entretido e divertido, a través do que coñecemos de preto a Lois Pereiro, ata o punto de darnos a impresión de telo coñecido en persoa como alguén entrañable, sentindo a súa vida, as súas vivencias e os seus poemas case como nosos. Gustamos da súa música, das súas “pintas” e do seu xeito...cando menos diferente!

terça-feira, 14 de junho de 2011

LOIS PEREIRO NO FONTEM ALBEI

Especial sobre a figura de Lois Pereiro, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2011. Trátase dun programa documental que tenta recoller aspectos da súa vida e obra nun formato que resulte lúdico e entretido. Así pois, a partir de dous presentadores e varios reporteiros, achegámonos á figura deste autor con entrevistas na rúa, traballos no centro e recitados de poemas entre outras actividades que recolle o programa.

terça-feira, 7 de junho de 2011

BIBLIOMAN - IES Fontem Albei

As nosas herbas

Nesta empresa traballaremos con plantas medicinais de distintas formas, cultivarémolas e prepararémolas para o consumo.  Curamos pequenos males e grandes tamén.



Tania Fernandez,Maria Garcia e Marta Valledor

ANUNCIO EMPRESA: The Fisherman Hotel

Este é o noso proxecto de empresa, o hotel "The Fisherman Hotel" que irá destinado a todo tipo de públicos e de turismo, sobre todo excursións de xubilados e de xente nova. Se queres saber máis do noso hotel ven visitarnos a C/ La Patacona s/n (Valencia).



Anucio empresa : A casa da computadora



Este é o noso proxecto, imos a  montar unha empresa  de ordenadores.
Este proxecto consta de varias computadoras conectadas a unha rede 
onde ti podes conectarte a internet, se queres máis información ven visitarnos  á
Fonsagrada.

quarta-feira, 18 de maio de 2011

A pancarta que nos fixo subcampións


Esta pancarta foi a que nos permitiu conseguir o segundo premio dedicado as mellores pancartas dos centros da provincia de lugo no Correlingua 2011, celebrado na cidade de Lugo o pasado mércores. Queremos agradecer a todos os alumnos de 1º de BAC que se prestaron para realizar esta pancarta e tamen aos profesores de Lingua galega por permitirnos facela e levarnos ao Correlingua, por que en galego, sempre somos!!

terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

GOYA E A GUERRA

Francisco d
e Goya y Lucientes
(Fuendetodos, Zaragoza, 30 de marzo de 1746 - Burdeos, Francia, 15 de abril de 1828)


Foi un pintor e gravador español que dende o Romanticismo, abre os camiños da arte contemporanea, sendo considerado un precursor da pintura de vangarda do século XX.

O dous de maio do 1808 o pobo de Madrid, instigado por algúns sectores da nobreza e da igrexa, ergueuse en armas contra as tropas napoleónicas que ocupaban as principais cidades españolas. Como consecuencia, as tropas francesas exerceron unha brutal represión, que non faría senón xeneralizar os levantamentos populares no resto das cidades da Península. Estes feitos aparecen recollidos por Goya nestes dous lenzos, nos que plasma a loita do pobo español contra a dominación francesa: a Carga dos Mamelucos, acontecida o 2 de maio de 1808 e os Fusilamentos do tres de Maio, acontecidos na montaña do Príncipe Pío ao día seguinte.


Esta pintura de Goya servirá de inspiración para outros pintores como Manet (A excursión de Maximiliano en México) e Picasso (Masacre en Corea, 1951).

Os sucesos acontecidos durante a Guerra da Independencia (1808-1814) levaron a Goya a efectuar unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestaciones e consecuencias. A serie dos Desastres ou as posteriores pinturas que efectuou sobre os sucesos do dous e tres de maio en Madrid dan boa conta destes feitos. Goya presenta nelas unha visión radicalmente distinta á do resto dos seus contemporáneos, decantados moitos deles entre un ou outro dos bandos contendentes, con claros fins propagandísticos ou conmemorativos.


A violencia, nas súas diferentes formas, como manifestación da sinrazón é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Da sensibilidade de Goya ante os acontecementos naceron non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental grito contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación algunha e que, grazas ao seu maxistral tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador contemplar imáxes inherentes a toda guerra.


Fronte ás imaxes heroicas e aduladoras, Goya presenta a violencia e a morte nas súas máis puras expresións. As obras de Goya non mostran héroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera nos presentan feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra, Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal da brutalidade, da fame, da desesperación, da destrución ou da morte.

O pobo anónimo é o protagonista indiscutible, a verdadeira vítima da guerra. Mostrao atacando aos mamelucos no cadro do Dous de Maio en Madrid e representao morrendo vítima da represión francesa nos fusilamientos do Tres de Maio.

ROSA DE LA PAZ

Cuando el mundo entero estalle, 
Será demasiado tarde 
Para reencontrarnos con las leyes naturales
Si hemos roto con los bosques, 
Si hemos roto con los mares, 
Con los peces, con el viento que nos hizo libres
Como niños chicos en la oscuridad, 
así estamos todos bajo el mismo vendaval 

Mi rosa de la paz, 
Vieja rosa con heridas, 
Siento cuando me acaricias frío 
Y no sé dónde estás, 

Mi rosa de la paz 
Mira que te siento lejos, 
Yo te busco y no te encuentro ahora 
Mi rosa de la paz

¿Qué diría de este mundo 
Un viajero del futuro, 
De un planeta más allá de las estrellas? 
Si hemos roto con los bosques, 
Roto nuestras propias voces 
Y aunque nadie escuche, aún se oyen
Con nosotros mismos, con la eternidad, 
Porque estamos todos bajo el mismo vendaval

Mi rosa de la paz, 
Vieja rosa con heridas 
Siento cuando me acaricias frío 
Y no sé dónde estás, 

Mi rosa de la paz, 
Mira que te siento lejos, 
Yo te busco y no te encuentro ahora 
Mi rosa de la paz
Cuando el mundo entero estalle, 
Sea demasiado tarde, 
Ya no queden rosas para nadie
Yo estaré contigo rosa de la paz 
Como niños chicos 
Cuando acabe el vendaval Mi rosa de la paz, 
Vieja rosa con heridas 
Siento cuando me acaricias frío 
Y no sé dónde estás, 

Mi rosa de la paz, 
Mira que te siento lejos, 
Yo te busco y no te encuentro ahora 
Mi rosa de la paz 
Mi rosa de la paz.




VIDEO:


http://www.youtube.com/watch?v=IQUnwWN1jlg

Marta Valledor