Francisco d
e Goya y Lucientes
(Fuendetodos, Zaragoza, 30 de marzo de 1746 - Burdeos, Francia, 15 de abril de 1828)
Foi un pintor e gravador español que dende o Romanticismo, abre os camiños da arte contemporanea, sendo considerado un precursor da pintura de vangarda do século XX.
O dous de maio do 1808 o pobo de Madrid, instigado por algúns sectores da nobreza e da igrexa, ergueuse en armas contra as tropas napoleónicas que ocupaban as principais cidades españolas. Como consecuencia, as tropas francesas exerceron unha brutal represión, que non faría senón xeneralizar os levantamentos populares no resto das cidades da Península. Estes feitos aparecen recollidos por Goya nestes dous lenzos, nos que plasma a loita do pobo español contra a dominación francesa: a Carga dos Mamelucos, acontecida o 2 de maio de 1808 e os Fusilamentos do tres de Maio, acontecidos na montaña do Príncipe Pío ao día seguinte.
Esta pintura de Goya servirá de inspiración para outros pintores como Manet (A excursión de Maximiliano en México) e Picasso (Masacre en Corea, 1951).
Os sucesos acontecidos durante a Guerra da Independencia (1808-1814) levaron a Goya a efectuar unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestaciones e consecuencias. A serie dos Desastres ou as posteriores pinturas que efectuou sobre os sucesos do dous e tres de maio en Madrid dan boa conta destes feitos. Goya presenta nelas unha visión radicalmente distinta á do resto dos seus contemporáneos, decantados moitos deles entre un ou outro dos bandos contendentes, con claros fins propagandísticos ou conmemorativos.
A violencia, nas súas diferentes formas, como manifestación da sinrazón é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Da sensibilidade de Goya ante os acontecementos naceron non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental grito contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación algunha e que, grazas ao seu maxistral tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador contemplar imáxes inherentes a toda guerra.
Fronte ás imaxes heroicas e aduladoras, Goya presenta a violencia e a morte nas súas máis puras expresións. As obras de Goya non mostran héroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera nos presentan feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra, Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal da brutalidade, da fame, da desesperación, da destrución ou da morte.
O pobo anónimo é o protagonista indiscutible, a verdadeira vítima da guerra. Mostrao atacando aos mamelucos no cadro do Dous de Maio en Madrid e representao morrendo vítima da represión francesa nos fusilamientos do Tres de Maio.
Sem comentários:
Enviar um comentário