quarta-feira, 1 de dezembro de 2010


O MUSEO COMARCAL DA FONSAGRADA

UNHA INICIATIVA EMPRENDEDORA

http://www.aaviladonga.es/croa/croa09_museo_fonsagrada.pdf

A orixe do Museo remóntase ao ano 1983. Foi un grupo de veciños da Fonsagrada os que consideraron a posibilidade de crear un museo a partir dunha pequena colección de pezas arqueolóxicas e etnográficas coas que contaban. Foi no 1984, cando se constituiu legalmente o Patronato do Museo, integrando ao Concello, aos CEIP e ao actual Instituto Fontem Albei de secundaria. O alcalde da Fonsagrada, como vicepresidente, e o Concelleiro de cultura están entre os doce membros que compoñen a Xunta Rectora do Patronato.

Dende os seus comezos ata o 1992 o museo situouse nunha ala do edificio das antigas escolas municipais da vila, hoxe desparecidas. Dende esta data ata o 1995, debido á falta de entendemento co concello, o Museo tivo que ser trasladado a un local particular de escasa superficie, pasando a funcionar como mero almacén, sen abrirse ao público. Tiveron que pasar tres anos ata que a Corporación Municipal, elixida nese 1995, ofrecera ao museo o actual emplazamento, un inmoble que viña funcionando como ambulatorio da seguridade social, que contaba cunha superficie de 700 metros cadrados.

Así, o museo actual conta con tres plantas. A planta baixa dedica unha das súas salas á etnofrafía, con pezas que recrean a cociña tradicional e una forxa. Por outra banda, existe outra sala onde se expoñen obras de arte contemporánea, na súa meirande parte de artistas locais, xunto con algúnha peza herdada da tradición, recollida no concello da Fonsagrada. Nela o visitante poderá botar unha ollada, dende o local, á constante comunicación entre tradición e a modernidade.

A primeira planta do inmoble dedícase enteiramente a mostra de pezas etnográficas, organizadas por oficios. Así, atopamos a labranza, a serra, apeiros para a recollida das castañas e para a produción de mel, o tecido, o cultivo e traballo do liño, os oficios de zapateiro, zoqueiro ou barbeiro e, tamén, unha peqena mostra de instrumentos musicais da zona: tobas, violíns ou birimbaos. Existe ademáis unha pequena sala na que se recrea una antiga escola.

Por último, na segunda planta, atopamos unha sala onde se expoñen restos arqueolóxicos e maquetas que recrean vivendas, muíños e diversos exemplos de arquitectura tradicional. Dedícase, tamén, nesta mesma planta, una sala a exposicións temporais e existe unha dependencia dedicada a oficina.


A colección do museo é permanente, exceptuando as pezas das exposicións temporais. Durante o percorrido, entre as moitas pezas de caracter etnográfico do museo, intercálanse obras de artistas contemporáneos, sempre en relación cos contidos expostos.

O concello da Fonsagrada non é alleo aos procesos de transformación que, dende xa fai décadas, sofre o mundo rural. O Museo intenta mostrar, aos veciños da Fonsagrada e a todos aqueles que o visiten, eses procesos de cambio que se fan visibles no seu entorno. Neste senso, unha das súas finalidades é o estudo e conservación do patrimonio cultural deste concello, para dar a coñecer a evolución sufrida dende as formas de vida e traballo tradicionais, moitas xa esquecidas, ata a actualidade.


Os redrollos Dexovados visitamos o museo neste mes de Outubro. Con motivo desta visita realizamos as seguintes actividades:

Buscamos, ao longo das diferentes salas do museo, pezas procedentes daqueles lugares do concello, próximas a onde nós vivimos e por onde pasan as rutas que estamos a realizar.

Visitamos a sala de exposicións temporais, onde atopamos a obra de Armando Portas Valiño, nunha exposición titulada “A chatarra elevada a escultura”, observámola e opinamos sobre ella. Contestamos a unhas preguntas sobre da mesma, nunha ficha que nos proporcionaron as profesoras e, cando chegamos ao centro, metémonos en internet para atopar outros artistas que tamén investigaran con novos materiais nas súas esculturas, coa fin de crear novas sensacións por medio de texturas, formas,

movemento, etc. Estes eran: Jean Tinguely, Arman, César ou Nam June Paik.


Sem comentários:

Enviar um comentário