Nace o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo, xusto o día no que nós conmemoramos a Paz, e morrerá o 7 de xaneiro de 1950 en Bós Aires.
Estudou medicina pero confesaba: "Fíxenme médico por amor a meu pai, non exerzo a profesión por amor á humanidade". Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego.
Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, sumarase ao Castelao artista o Castelao político. Nas eleccións do 1936 é reelexido deputado e dirixe a campaña a prol do Estatuto de Galiza. O golpe do estado contra o goberno da república cólleo en Madrid. Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir, Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional.
Castelao vive e sofre de cerca a Guerra Civil española,que acontece entre os anos 1931 e 1936. A Guerra Civil Española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno lexítimo da segunda República Española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista pero con trazos propios, coñecida como Franquismo. Este decretaría a fin do estado da guerra no ano 1948.
Galicia Mártir
“Aos Galegos que andan polo mundo:
Estas estampas, arrincadas da miña propia dor, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruir o fogar desfeito.”
Castelao
Valencia, Febreiro de 1937
Atila en Galicia
“Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tan sequera son capaces de concebir. E na Miña Terra complirase a vontade dos mártires.”
Castelao
Valencia, Xulio de 1937
Milicianos
“Estas estampas relembran os primeiros meses de guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e dounos tempo para crear o Exército da República.”
Castelao
New York, Agosto 1938
Feito por Manuel Bermúdez e Javier Regueiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário