quarta-feira, 1 de dezembro de 2010


O MUSEO COMARCAL DA FONSAGRADA

UNHA INICIATIVA EMPRENDEDORA

http://www.aaviladonga.es/croa/croa09_museo_fonsagrada.pdf

A orixe do Museo remóntase ao ano 1983. Foi un grupo de veciños da Fonsagrada os que consideraron a posibilidade de crear un museo a partir dunha pequena colección de pezas arqueolóxicas e etnográficas coas que contaban. Foi no 1984, cando se constituiu legalmente o Patronato do Museo, integrando ao Concello, aos CEIP e ao actual Instituto Fontem Albei de secundaria. O alcalde da Fonsagrada, como vicepresidente, e o Concelleiro de cultura están entre os doce membros que compoñen a Xunta Rectora do Patronato.

Dende os seus comezos ata o 1992 o museo situouse nunha ala do edificio das antigas escolas municipais da vila, hoxe desparecidas. Dende esta data ata o 1995, debido á falta de entendemento co concello, o Museo tivo que ser trasladado a un local particular de escasa superficie, pasando a funcionar como mero almacén, sen abrirse ao público. Tiveron que pasar tres anos ata que a Corporación Municipal, elixida nese 1995, ofrecera ao museo o actual emplazamento, un inmoble que viña funcionando como ambulatorio da seguridade social, que contaba cunha superficie de 700 metros cadrados.

Así, o museo actual conta con tres plantas. A planta baixa dedica unha das súas salas á etnofrafía, con pezas que recrean a cociña tradicional e una forxa. Por outra banda, existe outra sala onde se expoñen obras de arte contemporánea, na súa meirande parte de artistas locais, xunto con algúnha peza herdada da tradición, recollida no concello da Fonsagrada. Nela o visitante poderá botar unha ollada, dende o local, á constante comunicación entre tradición e a modernidade.

A primeira planta do inmoble dedícase enteiramente a mostra de pezas etnográficas, organizadas por oficios. Así, atopamos a labranza, a serra, apeiros para a recollida das castañas e para a produción de mel, o tecido, o cultivo e traballo do liño, os oficios de zapateiro, zoqueiro ou barbeiro e, tamén, unha peqena mostra de instrumentos musicais da zona: tobas, violíns ou birimbaos. Existe ademáis unha pequena sala na que se recrea una antiga escola.

Por último, na segunda planta, atopamos unha sala onde se expoñen restos arqueolóxicos e maquetas que recrean vivendas, muíños e diversos exemplos de arquitectura tradicional. Dedícase, tamén, nesta mesma planta, una sala a exposicións temporais e existe unha dependencia dedicada a oficina.


A colección do museo é permanente, exceptuando as pezas das exposicións temporais. Durante o percorrido, entre as moitas pezas de caracter etnográfico do museo, intercálanse obras de artistas contemporáneos, sempre en relación cos contidos expostos.

O concello da Fonsagrada non é alleo aos procesos de transformación que, dende xa fai décadas, sofre o mundo rural. O Museo intenta mostrar, aos veciños da Fonsagrada e a todos aqueles que o visiten, eses procesos de cambio que se fan visibles no seu entorno. Neste senso, unha das súas finalidades é o estudo e conservación do patrimonio cultural deste concello, para dar a coñecer a evolución sufrida dende as formas de vida e traballo tradicionais, moitas xa esquecidas, ata a actualidade.


Os redrollos Dexovados visitamos o museo neste mes de Outubro. Con motivo desta visita realizamos as seguintes actividades:

Buscamos, ao longo das diferentes salas do museo, pezas procedentes daqueles lugares do concello, próximas a onde nós vivimos e por onde pasan as rutas que estamos a realizar.

Visitamos a sala de exposicións temporais, onde atopamos a obra de Armando Portas Valiño, nunha exposición titulada “A chatarra elevada a escultura”, observámola e opinamos sobre ella. Contestamos a unhas preguntas sobre da mesma, nunha ficha que nos proporcionaron as profesoras e, cando chegamos ao centro, metémonos en internet para atopar outros artistas que tamén investigaran con novos materiais nas súas esculturas, coa fin de crear novas sensacións por medio de texturas, formas,

movemento, etc. Estes eran: Jean Tinguely, Arman, César ou Nam June Paik.


segunda-feira, 29 de novembro de 2010

O NOSO PERCORRIDO A FONSAGRADA _ VILARDONGO

O NOSO PERCORRIDO
A FONSAGRADA – VILARDONGO  
 Viviana Castrillón Villarmarzo e Jenifer Alves Valea

_Tempo aproximado: toda a maña, incluindo tempo da comida do mediodía.

_O que necisitas levar: unha mochila na que poidas levar: auga necesaria para o camiño (½ litro ou mais dependendo da necesidade de cada un) ; un bocadillo ou outra comida calquera que se poida transportar ; unha fruta ou algo semellante ( a gusto);
calzado cómodo para camiñar ; roupa cómoda polo mesmo motivo e xa que é unha ruta de montaña ; pañuelos de usar e tirar para calquera uso que se lle poida dar.

_Lugares polos que dicorre a ruta: punto de partida na Fonsagrada chegando ata Padrón (seguinte pobo) e logo chegada a Vilardongo,
isto describindo a grandes rasgos.

_Elementos do patrimonio que podes atopar: na propia Fonsagrada podemos ver a igrexa, a fonte Sacra ( que lle dá nome á vila),... Logo en Padrón atopamos o seu albergue bastante recoñecido, a igrexa, o pastizal de dito sitio e preto deste, veremos unha fonte con auga potable, unha área recreativa do propio lugar, etc.

_Lendas: a lenda da fonte de A Fonsagrada que foi sagrada para os celtas, e denominada “ Fonte Sagrada ou Sacra” e dela provén o nome da comarca A Fonsagrada ( Font-sagrada).





_Patrimonio natural: o patrimonio natural que se divisa ao longo desta ruta é moi amplo constando de a parte floral e de fauna.

  • Flora : moitas especies tanto arbóreas como arbustivas,etc. Tamén hai duferenza segundo a época na que se realice a ruta.
  • Fauna: abunda en xeral,algunhos exemplos de especies : anfibios, reptís mamíferos e aves.

_Descrición do itinerario: Este itinerario comeza na vila de A Fonsagrada. Percorreremos por algúns lugares da mesma que consideremos interesantes. Logo sairemos desta para dirixirnos hacia Padrón o noso seguinte destino. No Padrón faremos o mesmo que na Fonsagrada, visitaremos os patrimonios do lugar, ou se preferimos dicilo doutra forma, as construcións, os camiños ou calquera cousa que nos poida resultar atraente a súa historia, as súas vistas.etc E despois toca acércarse a Vilardongo onde tamén podemos atopar algunhas cousas interesantes aínda co pobo non e moi grande.
Ahí rematariamos o percorrido da ruta e voltariamos hacia o punto de partida que se recordamos foi A Fonsagrada.

_Grado de dificultade: Baixo_Medio.



Presentación prezi (imaxes) :  http://prezi.com/fcbf3ok0gorj/

RUTA DE “A PROBA DE BURÓN”

DA PROBA DE BURÓN a SAN PEDRO DE NEIRO 
Sheila Mosteirín Fernández
Elisa Fernández Álvarez

¿POR QUE LUGARES PASA E CANTO TEMPO LEVA?
Esta ruta vai desde A Proba de Burón ata San Pedro de Neiro. Recorreremos ambas aldeas e San Pedro de Riba. Este tramo é de aproximadamente 8 kilómetros, polo que pode levar facelo toda a mañán e un pouco da tarde.

¿QUE SE NECESITA?
É necesario levar calzado cómodo para camiñar e unhas botas de auga para atravesar un tramo que está cheo de lama. Tamén unha mochila con un bocadillo e unha botella de auga dentro, para comer cando entre a fame.

¿QUEN PODE FACER ESTA RUTA?
Todo o mundo pode facer esta ruta, non hai ningún problema nin para nenos nin para persoas de idade avanzada, aínda que as persoas con algunha discapacidades física e os carriños para bebés non poderían recorrer o tramo dende a estrada ata a Proba de Burón.

DESCRIPCIÓN
Un autobús lévanos pola estrada ata a entrada do camiño de Santiago que pasa pola Proba de Burón. Camiñamos ata chegar ás primeiras casas do pobo.
Xa na aldea, vemos o río Rodil e dirixímonos ata o transformador da luz, onde xiramos á esquerda, entrando no barrio de O Milladoiro. Recorremos o tramo, onde vemos un dos hórreos de lousa, ata atopar un cruce, onde xiramos á dereita, atopando ao noso paso lavadoiros de roupa, a Casa das Casoas e o antigo Concello.
Seguimos todo recto ata a capela, onde temos que volver xirar á dereita adentrándonos no barrio de Os Chaos. Xa alí, vemos dous dos hórreos (un co teito de palla e xestas, e outro de lousa), a igrexa e a antiga reitoral.
Rodeamos o edificio relixioso e saímos a un pequeno camiño de pedras que pasa ao lado da casa de Castro, onde se pode observar o último hórreo. Xiramos á esquerda, atopamos un cruce, e seguimos pola dereita onde se atopan as casas coas galerías, o castelo e outro hórreo de lousa.
Dende o seguinte cruce, xiramos á dereita e seguimos a estrada durante aproximadamente un kilómetro, encontrando no noso camiño a aldea de San Pedro de Riba. Na saída á estrada que se dirixe á Fonsagrada collemos á dereita ata atopar o pobo de San Pedro de Neiro, no que nos adentramos para ver a capela de San Benito.
Dende alí, imos por un camiño de terra ata os muíños de Rosario, transformados nunha casa de turismo rural. Damos a volta e saímos do pobo para ver un muíño que xa non está en funcionamento. Logo camiñamos ata A Fonsagrada pola estrada.

¿QUE PODEMOS VISITAR?
En A Proba de Burón atopamos:
- O Camiño Primitivo de Santiago, por onde pasou o rei Astur Alfonso II, “O Casto”, no século VIII, para ver os restos do apóstolo e onde atopamos unha fonte natural.
- Varios lavadeiros de roupa e abrebadeiros para os animais.
- A Torre do antigo Concello (A Proba de Burón foi capital do municipio ata o século XIX e comprendía o que agora é Negueira, A Fonsagrada e algunhas aldeas de Asturias e León. O concello pertencía á diócese de Oviedo).
- A Casa das Casoas, que era o antigo cárcere. Está adosado xunto coa Torre do Concello.
- A capela de San Xosé. Ten planta cadrada e o teito de lousa a dúas augas. No centro da fachada atópase o campanario. Da base del parten dous tramos curvos ata as esquinas da fachada, elemento típico do barroco.
- O castelo (máis coñecido como “A Fortaleza”) onde viviron os Condes de Altamira e Trastámara. Antes tiña 4 torres, pero agora só queda unha, a torre de homenaxe.
Os muros do edificio teñen un gran grosor, de dúas follas de manposto de xisto, recheo de cachotes e morteiro de barro caleado.
- A igrexa de Santa María Madalena.
- A casa reitoral.
- Varias placas cos nomes das rúas.
- Dous antigos hórreos con teito de palla e xestas, e outros tres con teito de lousa.
- Algunhas casas con galerías brancas na súa fachada.
-O río Rodil.

En San Pedro de Neiro:
- A capela de San Benito.
- Un muíño que xa non está en funcionamento.
- Os muíños de Rosario transformados nunha casa de turismo rural.
- O río Seco.

CELEBRACIÓNS DA ZONA
En San Pedro celébrase o San Benito cunha misa. Algunhas persoas levan mesas, cadeiras e comidas. Temén fan unha comida despois do acto relixioso. Algúns anos tense contratado algunha orquestra para amenizar a noite.
Na Proba de Burón celébrase o día da Virxe do Carme, tamén cunha misa. Ademais, a mediados de agosto, os rapaces da aldea organizan unha comida para todo o pobo e para as persoas que non sexan de alí e que queiran ir. Para poder asistir a esta comida hai que pagar, pero merece a pena asistir, pois contrátase un acordeonista que toca case todo o día, a comida fana no momento e é sempre moi apetecible (normalmente paella de primeiro e churrasco de segundo).

ALGÚNS CONTOS DA ZONA
Había un home na Proba que tiña moito medo, polo que un amigo intentou quitarllo cun método moi orixinal. Subiuse a un salgueiro que se atopaba nun camiño estreito e con moita lama, vestido cunha saba branca e unha criba de trigo para tapar a cara, simulando que era unha pantasma.
Cando chegou o home que viña da Fonsagrada, a suposta pantasma díxolle ao home que se arrimase ben á parede e, tan pegado pasou debido ao medo que tiña, que rompeu os pantalóns pola parte de atrás. Nada máis atravesar esa parte, o pobre home marchou correndo para a casa, situada preto do camín, e colleu unha escopeta para matar a pantasma á que tanto medo lle tivera. O amigo tivo que dicirlle que era el para que non o matase. Ao final, a experiencia serviu para que o home perdese o medo

Había un home na Proba que sempre ía dicindo que vira os lobos, pero nunca era verdade.
Un día, atopouse con eles de verdade, concretamente, cunha loba e dous lobeznos. El levaba un paraugas e unha vara, co que conseguiu espantalos.Seguiu o seu camiño, pero os lobos atallaron por un prado e lograron collelo. O home, co medo e os nervios, botou a correr ata unha cantina que había preto de onde se atopaba.Aquel día, cando entrou no local e contou que vira os lobos, todo o mundo lle creu, pois víaselle tan nervioso, que era seguro que os tivera preto.

RUTA DENDE O VIEIRO ATA SAN MARTÍN DE SUARNA


       Christian Rodriguez Diaz

Empezamos no Vieiro e rematamos en San Martín de Suarna.





O tempo do recorrido sera de, máis ou menos, un día.

Para isto teriamos que levar mochila con un bocadillo, unha auga, etc. Sería necesario levar tamén calzado de monte e, a poder ser, que fose cómodo. Saímos da Fonsagrada, pasamos polo Vieiro e, dende alí, vamos para San Martin de Suarna e, logo, voltamos para A Fonsagrada.

DESCRIPCIÓN DA RUTA
Ao longo desta ruta podemos observar grandes áreas de pinos, carballeiras, etc. Podemos atopar algunha capela, algun cortín (tamen podemos ver colmeas, cando non están bordeadas por unha parede de pedras). No rego do Vieiro atopámos moitas troitas.

Empezamos por un camín chá, chegamos a unha baixada, donde hai unha curva na que podemos obser var as miñas colmeas. Seguimos baixando ata unha pequena seimeira, continuamos baixando, e podemos obsevar unha pequena finca de eucaliptos. Continuamos ata unha pequena subida e, a continuación, baixamos por un cortalumes ata o final das árbores.


QUE VEMOS?

Cortíns para protexer as colmeas: trátase dun muro de pedra de planta máis ou menos circular que pecha un recinto onde se asentan as colmeas.

A igrexa de San Martín de Suarna é bastante grande, foi reformada fai pouco tempo, polo que agora está bastante ben conservada con respesto a como estaba anteriormenete. O cura desta parroquia chamase Don Ramón e tamen é o da Fonsagrada. As misas máis importantes ás que se van son as de defuntos, etc. Tamén está o cemiterio, donde estan descansando os nosos antepasados. É bastante grande, xa que recolle as persoas falecidas de máis ou menos cinco pobos. Por isto é a parroquia á que pertence O Vieiro.

Poderemos observar un regato pequeno cando crucemos cara San Martin de Suarna, case sempre está turbio, por culpa dunha canteira de area. Tamen podemos ver as antigas pontes polas que os veciños cruzaban o regato, para ir á misa ou levar o gando a diferentes prados, etc.


FAUNA
As abellas que podemos observar neste cortín, pero con coidado para que non nos piquen, fan o mel dos arbustos que teñen por todo ao rededor, ou tamen dalgunhas flores que se dan por alí.
Se temos algo de sorte, poderémonos atopar con algun xabarín, corzos e algún esquío no pinar.
Hoxe en día igual non, pero antigamente, no regato, pescábanse as troitas que non eran comidas pola Garza e as Nútrias.

Tamen poderemos observar as ovellas de meus avós, un rebaño de arredor de dezaseis ovellas.
Veremos corvos, azores, raposos e lobos, animais todos estes que frecuentan o lugar debido a cercanía do basureiro da Fonsagrada.


FLORA
Vamos ver grandes extensións de pinos, castiñeiros, algúns eucaliptos, bidueiras, xestas, toxos,ou uces polo camín que imos pasar, que foi feito para poder sacar a madeira con dumpers. Ademáis, dependendo do tempo, podemos apañar algunha castaña. Os meus avós, únicos habitantes do pobo na actualidade, adoitan asar no forno da cociña algunhas castañas que eu e meu pai lles apañamos.


Este é un video donde se pode ver o camin polo que pasamos, aquí tedes o link:
 http://www.youtube.com/watch?v=APmvp7bnA-Y

Esta é unha presentación fotográfica, aquí tedes o link:
http://prezi.com/pnaxdgwrsfid/edit/#6_403213







segunda-feira, 22 de novembro de 2010

Ruta do merendeiro da Cortevella.



Un paseo polas beiras do río Eo

Iván Díaz Couso 

Tempo aproximado: dúas horas aproximadamente.

¿Que precisamos levar?: calzado cómodo, unha mochila con auga e algo de comer.

Grado de dificultade: medio. Non é unha ruta moi complicada.

Descripción do itinerario: saímos do merendeiro pola beira do río, por un camiño de terra e pedras. O camiño ten costas arriba, baixadas, algunha escaleira e moitas árbores e vexetación. O rio é bastante grande e ten lugares nos que nos poderemos dar un chapuzón. Tamén se poden ver troitas no río.

Elementos do patrimonio

Patrimonio cultural: cortiños, un horreo, un mirador, unha ponte, un muíño antigo, mesas e tres ou catro grellas. Tamén, neste mesmo lugar, poderemos atopar unha estatua de marmol dun santo: o San Francisco. Antigamente había un muíño, os veciños ían alí moer o gran.

Patrimonio natural:
Fauna: esquíos, troitas, corzos, raposos.
Flora: eucaliptos, castiñeiros, carballos, xestas, toxos, uces, pinos, bidueiras....

O PATRIMONIO QUE ATOPAMOS NO CAMIÑO.
Cortiños: usábanse para poñer os ourizos a secar e despois coller as castañas.

Horreo: está situado nun lugar alto. Para chegar a el hai que subir unhas escaleiras. Úsanse para gardar o millo, a comida, etc. Esta feito de madeira, cunhas escaleiras de pedra para subir a él. Tamén ten varios compartimentos.

Mirador: esta construído, todo él, nunha gran pedra e, dende arriba, vese todo o val e o merendeiro.

Ponte: esta feita de madeira e serve para pasar ó merendeiro.

Muiño antigo: usábase para moer o millo e o trigo. Está feito de pedra e madeira.Ten unha presa pola que pasaba a auga para mover as moas e moer o gran.

Estatua de San Francisco: está situada no mirador. Púxose en honra ao santo dese pobo.

Patrimonio natural: fauna.

Esquios: non hai moitos, vense algúns nas árbores e polos arredores. Aliméntanse de castañas, landras e piñas, e outras froitas que dan os árbores autóctonos da zona.

Troitas: vense moitas no río, porque está vedado e non se poden pescar.

Corzos: hainos en abundancia nesta paraxe, dado que son terras boscosas nas que estes animais viven en tranquilidade no seu hábitat. Aliméntanse dos froitos das árbores e das herbas, silvas e outras especies vexetais que atopan polos camiños. Nas épocas de celo pódense escoitar na berrea (sons que fan os machos cando as corzas estan en celo).

Raposos: son abundantes, non tanto como os corzos pero hai bastantes. Alimántanse de ratos ou galiñas.Os cazadores cázanos no mes de novenbro e decenbro.

Flora
Os castiñeiros dan madeira e castañas, que se soutan para consumo propio e tamén para os animais.
Os carballos dan leña, que se corta para queimar, e tamen landras para os animais.
Os pinos dan madeira para vender e setas, que se recollen para vender ou ben para cociñalas e comelas. Tamén dan piñas para os esquíos.
Os eucaliptos dan madeira.
As bidueiras dan madeira para queimar, ao igual que os carballos.
Os toxos, uces e xestas valenlles aos corzos e raposos de escondedoiro.
                                                       

                                                     
                                                                     









  
 

 

        


























tp://prezi.com/yosw1j7ksram/ruta-do-merendeiro-da-cortevella/ 
 Aquí tedes unha presentacion das fotos.

Ruta dende Predrouzos ata Pacios de Rebolin

Paseamos pola Fonsagrada

 RUBEN FERNANDEZ VAZQUEZ.


Por onde pasa: saímos de Pedrouzos pasaremos polo pobo Rebolín e, por último, chegaremos a Pacios de Rebolín.
Que podemos ver:
Atoparemos moitos castiñeiros, algun río, e tamén algunhas colmeas.
Canto tempo pode levar a pé:
Máis ou menos medio día.
Cousas necesarias para a ruta.
Roupa e calzado axeitado e tamen algo para comer e beber.
Fauna e flora:
Flores, uces e moitas árbores.
Grado de dificultade:
Dificultade media.

Descripción da ruta:
A ruta empeza nun pobo chamado Pedrouzos. Pasando polo muíño atrabesamos o castañeiral, comtinuaremos o camiño todo recto e, logo de 100 metros aproximadamente, hai unha pequena baixada onde atoparemos algunha colmea.
A continuación encontramos outro pequeno castiñeiral onde hai castiñeiros de Lemos e de moitas moitas outras clases. Esta especie de castiñeiros coñecidos como “Os castiñeiros de Lemos” caracterízanse por ter máis rama que o castiñeiro común. O froito é algo máis grande tamén e igualmente comestible.
Se continuamos o camiño, chegaremos ao seguinte pobo chamado REBOLÍN. Logo seguimos o camiño atravesando outro castañeiral chamado O FREIXO.
Alí poderemos atopar corrizas, paredes de pedra circulares en forma de muro empregadas para protexer as colmeas dos animais.
A volta farémola en coche pola estrada.



ALGUNHAS FOTOS DE POR ONDE VAI PASAR A RUTA:


POBO ONDE EMPEZA A RUTA: un pobo chamado Pedrouzos. Este é un pobo de dúas casas que pertence á parroquia e Vieiro.









SEGUINTE POBO POLO QUE PASAMOS: e un pobo, O Rebolín, de cinco casas, todas feitas de pedra co teito de lousa.


CAPELA DO POBO de Pacios de Rebolín: esta capela encóntrase nun pobo chamado Pacios de Rebolín, está formada por catro paredes de pedra e un tellado de lousa.



Ten unha cruz de ferro na parte superior da capela, dúas fiestras que son de madeira e unha porta tamén feita de madeira. No seu interior ten un altar bastante bonito.
É habitual a misa nesta capela, sobre todo os sabados ou os domingos.




COLMEAS QUE ATOPAREMOS POLO CAMIÑO: estas colmeas utilizaas meu tio para recoller o mel e logo poder vendelo.
Ten que cuidalas bastante para que, ao longo dun ano, teña unha boa colleita de mel.O mel que se vende produceno as abellas a partir da flora existente na zona: flores silvestres, toxos, uces, etc.

  



ÚLTIMO POBO POLO QUE PASAMOS: é un pobo de catro casas, todas elas de pedra.


Neste pobo tamen existe un castañeiral con variedade de castiñeiros, nestes castiñeirales tamen son abondosas as cacerías de xabarín, corzo, lebres, etc. Por iso é perigoso facer esta ruta en fin de semana.


   


A QUI TEDES UNHA PRESENTACION DA RUTA: