GOYA OS DESASTRES DA GUERRA |
Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeaux (Francia) o 15 de abril de 1828. |
Os desastres da guerra son unha serie de 82 grabados do pintor realizada entre 1810 e 1815. O horror da guerra é mostrado especialmente cru e penetrante nesta serie. As estampas detallan as crueldades cometidas na Guerra da Independencia española. Na vida de Goya soamente foron impresos dous xogos completos dos grabados, un de eles obsequiado ao seu amigo e crítico de arte Ceán Bermúdez, máis permaneceron inéditos. A primeira edición apareceu en 1863, publicada por iniciativa da Real Academia de Belas-Artes de San Fernando. A estas obras seguíronas outras en 1892, 1903 e 1906. Os desastres da guerra divídense entres partes: A primeira parte trata de temas referidos o terror e o medo,(estampas de 1 a 47) son estampas centradas na guerra. A segunda parte trata sobre a morte e a tortura (estampas de 48 a 64) centrada na fame. A terceira parte <<caprichos enfáticos>>, Esta serie de grabados a diferencia co resto da obra e que cambia o sentido de toda a serie pasando da plasmación dos feitos acontecidos a unha reflexión sobre aspectos políticos e ideolóxicos que envolveron estes feitos narrados. Desta maneira o “vampirismo” dos lexisladores, a superstición popular, a corrupción política o simplemente a inxustiza combertese en alegorías que nos mostra o transfondo e a razón do ultimo acontecido.(estampas de 65 a 82 |
Coñécese como Guerra da Independencia española ao conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu á Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, ubicándose dentro do contexto de Guerras Napoleónicas. |
terça-feira, 1 de fevereiro de 2011
Os Desastres da Guerra
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário