terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

Salvador Dalí



Salvador Dalí i Domènech, naceu en Figueres o 11 de maio de 1904 e faleceu na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989. Foi un dos principais representantes do surrealismo.




Durante a sua vida viviu acontecementos bélicos como a Guerra Civil española ou as dúas Guerras Mundiais.

A Guerra Civil Española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso do levantamento dun sector do exército contra o goberno lexítimo da Segunda República española. O alzamento contra o goberno republicano estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde. A guerra durou dende xullo de 1936 até abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura Franquista.

Este cadro, coñecido como “Premonición da Guerra Civil”, tamén chamado “Construción blanda con xudías fervidas” rematouno o autor no 1936, mais seis meses antes de que dese comezo a Guerra Civil Española. Dalí denuncia xa un clima prebélico a traves dun corpo que se fai dano a si mesmo.

 Sobre un ceo azul presenta un corpo colosal en tensión e desmembrado, no que a articulación do conxunto é unha construción arquitectónica en carne, un corpo que ben puidera aludir á desvertebración e enfrontamento político que se vive na España e na Europa do momento.

  Observamos como enormes máns compoñen unha configuración monstruosa e suxeitan os ósos como se fosen armas. Os pés esqueléticos e enormes, o rostro descarnado volto cara ceo contribúen tamén a anunciar o patetismo da contenda.

Á esquerda un enorme busto de home adulto, asoma sobre a deformada e enorme mán, totalmente alleo á escea, contemplando o chan con ensimismamento.

A luz e a cor aumentan ese patetismo da escea con fabas caídas nun chan sucio e sombrío. O ceo, entre azul e branco, axítase e parece moverse, observando como se achegan nubarróns que comezan a oscurecelo como se quixeran anunciar a tormenta.

É una escea agresiva e dramática sobre o conflito español que se aveciñaba, xa que o corpo destrozado e roto parece querer destruirse a si mismo, simbolizando la contradición interna da desgarrada España.

Dalí é o o máis escandaloso e extravagante de todo o grupo dos pintores surrealistas. Os seus cadros presentan figuras imposibles froito da súa imaxinación, alargadas e descompostas. A súa pintura resulta excepcional nas súas calidades plásticas pola correción no debuxo e esa presenza dunha luz clara e limpa. Caracterízao a provocación e o emprego do seu método paranoico-crítico que él mesmo así o describía: «método espontáneo de coñecemento irracional baseado na obxetividade crítica e sistemática das asociacións e interpretacións de fenómenos delirantes»



Para os surrealistas a obra nace do automatismo puro, é dicir, calquera forma de expresión na que a mente non exerza ningún tipo de control. Intentan plasmar por medio de formas abstractas ou figurativas simbólicas as imaxes da realidade máis profunda do ser humano, o subconsciente e o mundo dos sonos.

Sem comentários:

Enviar um comentário