BIOGRAFIA
Pablo Ruiz Picasso é un dos grandes xenios da pintura contemporánea. Naceu en Málaga no 1881 e morreu en Francia no 1973. París foi o seu refuxio durante moito tempo, pero os últimos anos da súa vida pasounos no sur de Francia, en Mougins, onde faleceu. Foi o creador do cubismo xunto a Braque.
Picasso veríase tremendamente afectado polo estalido da Guerra Civil Española e concretamente polo bombardeo de Guernica. Este feito provocaría a realización dunha das obras máis famosas da arte contemporánea, na que critica a guerra e a sinrazón que conleva un enfrentamento armado. O bombardeo de Guernica foi o ataque aéreo que sufriu esta poboación vasca, o 26 de abril de 1937, de mans da Lexión Cóndor alemana. Hitler facía así esnsaios bélicos en Guernica e daba o seu apoio ao bando nacional na Guerra Civil española.
O Guernica foi realizado por encargo do Goberno da República Española para ser exposto no pabellón español durante a Exposición Internacional de 1937 enParís, co obxectivo de atraer a atención do público cara a causa republicana en plena Guerra Civil Española.
Na década de 1940, dado que en España se instaurara o réxime franquista, Picasso optou por deixar que o cadro fose custodiado polo Museo de Arte Moderno de Nueva York, ainda que expresou a sua vontade de que fora devolto a España cando volvese ao país a democracia. En 1981 a obra chegou finalmente a España. Expuxose ao público primeiro no Casón del Buen Retiro, e logo, dende 1992, no Museo Reina Sofía de Madrid, onde se encontra en exhibición permanente na actualidade.
DESCRIPCION DOS ELEMENTOS
Muller con candil: dende unha ventá, a muller cun candil na man estira o seu desorbitado pescozo ata unirse ao grupo do horror. Co seu potente brazo extendido acerca a súa buxía ata a lámpada axudando a iluminar a escea. Ese brazo, coa lámpada fortemente agarrada na man coma se estivese a empuñar un arma, é o mesmo brazo que suxeita un vaso de ofrendas na escultura “A dama oferente”,do propio Picasso e que estivo tamen esposta no pabellon da República Española, onde se expuxo O Guernica. O rostro da muller parece o de Dora Maar, a súa compañeira entonces.
Muller en chamas:dende outra ventá, esta vez a dunha casa incendiada,cae unha muller envolta en chamas. A súa cabeza e o seu rostro adoptan a mesma posición que a da nai, clamando ao ceo dende o horror. Cos brazos atrozmente levantados, a súa imaxe é equiparable á figura central dos “Fusilamentos de Goya”, o condenado a morte que levanta o seus brazos desafiando ós asasinos.
Guerreiro morto: ten o brazo dereito e a cabeza separados dun corpo que desapareceu da escena pisoteado polo cabalo. Como se fora un busto escultorico, esa cabeza é xa case unha caveira. Na sua man dereita empuña aínda unha espada rota da que emerxe, como sinal de vida, unha flor.
Muller que foxe: saíndo da casa en chamas outra muller foxe buscando a súa salvación. Na súa fuxida, diríxese ata a escena central, pero parece quedar petrificada, coa mirada fixa nos terribles acontecementos que se están a producir. Son as súas pernas, especialmente a enorme perna esquerda, as que chaman a atención. Parece como se as súas extremidades quixeran botar raíces no chan.
Mai con fillo morto: é a imaxe máis impresionante do cadro. O alarido de dolor transforma a súa lingua nun punzante estilete, a súa cabeza contorsiónase cara o touro, como buscando o consolo imposible. O neno morto que sostén entre os seus brazos, coa cabeza dramaticamente caída, parece compoñer a clásica imaxe dunha piedá, a suprema dor dunha nai.
Guerreiro morto: ten o brazo dereito e a cabeza separados dun corpo que desapareceu da escena pisoteado polo cabalo. Como se fora un busto escultorico, esa cabeza é xa case unha caveira. Na sua man dereita empuña aínda unha espada rota da que emerxe, como sinal de vida, unha flor.
GUERNICA
París, primavera de 1937: Pablo Picasso despierta y lee.
Lee el diario mientras desayuna, en su taller.
El café se le enfría en la taza.
La aviación alemana ha arrasado la ciudad de Guernica. Durante tres horas, los aviones nazis han perseguido y ametrallado al gentío que huía de la ciudad en llamas.
El general Franco asegura que Guernica ha sido incendiada por dinamiteros asturianos y pirómanos vascos enrolados en las filas comunistas.
Dos años después, en Madrid, Wolfram von Richthofen, comandante de las tropas alemanas en España, acompaña a Franco en el palco de la victoria: matando españoles, Hitler ha ensayado su próxima guerra mundial.
Muchos años después, en Nueva York, Colin Powell pronuncia un discurso, en las Naciones Unidas, anunciando la inminente aniquilación de Irak.
Mientras él habla, el fondo de la sala no se ve, Guernica no se ve. La reproducción del cuadro de Picasso, que decora la pared, ha sido completamente cubierta por un enorme paño azul.
Las autoridades de las Naciones Unidas han decidido que ése no es el acompañamiento más adecuado para la proclamación de una nueva carnicería.
Eduardo Galeano, “Espejos. Una historia casi universal”
http://www.elpais.com/articulo/internacional/Guernica/ONU/tapado/tiempos/guerra/elpporint/20030131elpepuint_4/Teshttp://www.elpais.com/articulo/internacional/Guernica/ONU/tapado/tiempos/guerra/elpporint/20030131elpepuint_4/Tes
Sem comentários:
Enviar um comentário