quarta-feira, 10 de novembro de 2010

DE PASEO POLAS RIBEIRAS DO EO

Dende Lamas ata a o Chao do Pousadoiro polas beiras do río Eo.
Publicado por Javier Regueiro e Manuel Bermúdez.  

Esta ruta completarase nun tempo aproximado dunhas dúas horas, xa que a dificultade é baixa, debido a que transcorre por unha zona chá, pasando polas aldeas de Lamas, Esqueira, Soutelo e Chao de Pousadoiro. Iso sí, é conveniente levar roupa cómoda e deportiva.

Durante o traxecto atoparaste cun fermoso muíño construído no século XIX, o muíño do “Pousadoiro”, e tamén numerosas capelas do século XVIII, como a de Lamas ou a de Soutelo; todo este traxecto percorre as Ribeiras do Eo, que lle dan o nome á ruta.

Nesa ribeira pódeste atopar numerosas especies da nosa fauna: animais salvaxes como cervos e xabaríns, xa que existe un gran numero deles nesa zona; coellos e lebres, perdices, azores e aves rapaces, así como todo tipo de insectos.

En canto a flora, podemos encontrarnos con pinos, carballos, uces, fentos, a típica flora das beiras do río en xeral.

A historia propiamente dita do municipio de Ribeira de Piquín comeza no século XI, coa restauración ou fundación do Mosteiro de Meira, que vai poñer ó descuberto a labor económica, social, cultural e religiosa duns pobos que os documentos do convento meirense chaman de “tras la Sierra” ( Información recollida da páxina web do concello de Ribeira de Piquín)
Podemos sinalar a antigüidade do poboamento destas terras, como o demostran os achados arqueolóxicos: varias hachas de pedra, unha punta de lanza de ferro e unha fíbula de tamaño grande, tamén de ferro, moteada de tres liñas simétricas de gotas de bronce. Asimesmo, é probable que o paso baixo terra dese lugar fose efecto da acción mineira levada a cabo polos romanos na parte setentrional da Gallaecia.(Informacion recollida da páxina web do concello de Ribeira de Piquín).




 DESCRIPCIÓN DA RUTA
Saímos da explanada do “Colado” e baixamos cara a area recreativa do Couce, alí poderemos contemplar a fermosa pasarela sobre o río Eo. É unha ponte colgante fabricada con ferro e metais duros que atravesa o río Eo no seu paso por Lamas. Continuaremos andando pola ribeira do río ata chegar a Esqueira, onde pararemos a repoñer forzas na taberna do pobo. Continuaremos andando e, a un kilometro, alcanzaremos Soutelo, onde faremos un alto para ver a tan fermosa como importante capela do pobo. É unha capela do século pasado que está situada no alto do pobo, está moi vella, casi en ruínas aínda que tódolos anos se lle realiza unha festa no primeiro sábado de agosto para celebrar a festa en h onor o seu patrón.


Voltaremos ao bordo do río e camiñaremos ata finalmente chegar ao Chao do Pousadoiro,o pobo máis grande e importante do concello,e tamén o que posúe máis habitantes, alí comeremos na área recreativa para despois visitar un vello muíño en desuso ali presente, testemuña dun modo de vida tradicional, hoxe en decadencia. Está cuberto por lousase ten dúas ventás dianteiras e con dúas saídas dianteiras de auga.



1 comentário:

  1. Esta ruta é boísima,completa,ben organizada,cun bó video relacionado e unha gran presentación de fotos.

    ResponderEliminar