RUTA DOS SOUTOS
A ruta transcorre de Souto a Novío pasando por un pequeno pobo chamado Cereixido.
TEMPO: Leva sobre unha hora e media aproximadamente, segundo as ganas de andar de cada un.
CARACTERÍSTICAS: O comezo da ruta esta marcado por un pequeno tramo en estrada ata chegar a Cereixido. Neste lugar, tomamos un desvío para subir, pobo arriba, por un camiño vello cheo de pedras e rodeado de moitas árboles como castiñeiros, carballos etc. O camiño e bastante costo polo que resulta algo duro. Sería de dificultade media-alta. É convinte levar un calzado bastante comodo e forte, como unhas chirucas por exemplo.
LUGARES QUE VISITAR: Podemos visitar unha pequena capela feita de pedra que hai no destino da ruta. Máis antes de chegar a este destino atoparemos unha gran Igrexa dedicada a Santiago Apóstolo que está feita nun pobo chamado Cereixido onde podemos facer unha pequena parada. A Igrexa está feita de pedra con un tellado de lousa para que non chova dentro e non se mollen os santos. Adícase a Santiago Apóstol. Ao longo do camiño imos atopar unha serie de árbores autóctonas, propias de Galicia, como castiñeiros ou piñeiros, así como tamén outros arbustos como uces e toxos. Ás veces atópanse algúns animais salvaxes como xabaríns e algún que outro cervo, mais non sempre. Tamén se poden encontrar vacas e burros xa que a xente desta zona vive da agricultura e da gandería.
Os pobos que van a ser visitados ao longo desta ruta a maioría deles viven case todos da gandería aínda que aora xa moito menos pola escaseza de xente nova polo que as persoas son case todas xubiladas e non están en idade de traballar. As casas destes pobos son todas feitas de pedra moi antigas xa que foron feitas hai moitos anos.
Neste tempo tamén podemos astopar diversisos froitos como castañas e noces que poden ser aproveitadas para comer ou mesmo para alimentar aos animais, tamén transcorre un río por cerca de un destes pobos chamado río lamas moi famoso pola súa gran cantidade de pescadores que se xuntan cando está aberta a veda. Por estes lugares tamén e moi usual que as fins de semana se xunten varios grupos de cazadores para ir ao monte e pasar un bo día detrás de xabaríns e corzos que son os animais que máis abundan deixando pouco espazo para a caza menor.
CURIOSIDADES:O pobo de Cereixido é o lugar de procedencia de un home moi importante no mundo do cine, esta persoa chámase Julio Fernández e é o presidente do grupo de cine FILMAX.
Nunha das súas películas as escenas foron rodadas neste pobo así como noutros lugares de toda a comarca da Fonsagrada.
http://www.youtube.com/watch?v=iUTffijeFLQ
http://www.youtube.com/watch?v=iUTffijeFLQ
Souto desde aqui comenzara o percorrido da ruta
Cereixido sera o seguinte pobo no cal o atravesaremos para subir por un camiño
Novio sera o punto de chegada
Igrexa de Cereixido e un dos elementos arquitectonicos que se poden encontrar o longo do camiño
Capela de Novio o ultimo elemento arquitectonico que se encontra no camiño
Clicar aqui para ver presentación da ruta:
Asinado:
Silbán Rodríguez Palmeiro
Fernando López Fernández
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEsta ruta é moi boa pero moi corta,e faltanlle acentos.
ResponderEliminar