Por: Rubén Rodríguez Fernández e José Atilano Osorio López.
Trátase de unha ruta que vai dende o pobo de Vilarmeán ata o pobo de Vilarchao, pasando polos pobos de Vilar de Vela, Castañeira, Vilalva da Trapa e San Cibrán.
Pása por varios ríos e regatos, cos seus respectivos muiños e árbores autóctonas.
Tamén hai edificios de moita importancia (capelas, escolas antigas e outros monumentos).
Datos de interese:
-Duración: Todo o día.(13,6 KM). Pararase para comer e repoñer forzas alí onde os monitores ou os encargados da ruta o decidan.
-Dureza da ruta: Alta.
- A ruta podese facer a cabalo, en bicicleta, a pè, e incluso en moto.
-Recomendacións: Levar roupa adecuada o día, auga e refrescos recomendados.
Esta ruta pasa por diferentes lugares de atractivo paisaxístico, con abundante e diversa fauna e flora autóctonas de este entorno e clima oceánico, distintas construcións como capelas (Vilarmeán, Castañeira, Vilalva, San Cibrán e Vilarchao) muíños (Muiño de Vilardevela, que antiguamente se empregaba para moer os cereais) casas(As mais importantes as de Osorio e a do Menor esta última conta con apartamentos rurais) e horreos con caracteristícas da zona (Hai varios cada un con distintas características: tellado de lousa ou palla, forma redonda ou cadrada, mais abundantes estes últimos...).
É recomendable facer a ruta no outono, xa que abundan os cogomelos e pódese gozar dunha paisaxe cunha gama de cores ocres e marróns que noutra época non se apreciarían.
Recoméndase facer a ruta con personal especializado en camiñatas e sendeirismo, ou ben con xente coñecedora da zona. De non ser así córrese o risco de extravío e, nestes montes, ao estar entre montañas, o teléfono móbil non soe estar operativo.
DESCRIPCIÓN: Sáese de Vilarchao e cóllese polo camiño que vai ao carón dos pinos para logo xirar a dereita. Continuase todo recto e, no terceiro cruce, cóllese á esquerda. Seguimos dereitos polo camiño e á esquerda de novo, para logo continuar dereito ata chegar a un regato (Regato do Canedo) que esta o fondo do vale.
Continúase cara arriba ata que chegar a un cruce para logo torcer á dereita e no seguinte cruce á esquerda. Así chegamos a San Cibrán.
Collemos un indicador cacia Vilalba e continuamos sen desviarnos. Seguimos recto ata Castañeira. Collemos logo costa abaixo ata Vilar De Vela, onde damos co río.
Escolleremos o camiño da esquerda e continuamos ata chegar a un cruce. Aquí pillaremos o desvío e, nos dous seguintes cruces, á esquerda. Continuando chegamos ao aeroporto, donde seguimos en paralelo a el ata chegar ao pobo de Vilarmeán. Alí preguntaremos pola casa de Osorio e tomaremos un café ou un refresco.
IMAXES DOS POBOS QUE VAMOS A VER:
VILARCHAO
IMAXES DOS POBOS QUE VAMOS A VER:
VILARCHAO
SAN CIBRÁN
VILLARMÉAN
Para ver video en Youtube clica aqui: http://www.youtube.com/watch?v=UnsLEFmypps&feature=related
Para ver presentación de fotos da ruta pincha no seguinte enlace: http://www.slideshare.net/EUSONSABELA/presenteción-de-pobos
A ruta está ben feita,e con moito contido.
ResponderEliminarO enlace da presentacion de fotos,no funciona tedes que arreglalo.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminar