RUTA DO MUIÑO!
Tania Fernández Castrillón
Dende Barcela de Abaixo ata Lamas de Moreira.
TEMPO ESTIMADO:
Esta ruta se a facemos andando levaramos 1 hora aproximadamente e, se a facemos en bici, levaranos 45 minutos.
O PATRIMONIO
Ao facer esta ruta poderemos observar unha antiga mina romana no Monte da Redonda, 4 horreos en Barcela e un castro antigo. No destino final, en Lamas de Moreira, atoparemos un antigo muíño, alí tamen poderemos bañarnos nunha pequena seimeira, se é veran.
QUE LEVAR:
É necesario levar roupa cómoda e algun bocadillo e, sobre todo, auga para beber. A dificultade sería normal, xa que os camiños están limpos e non nos atoparíamos con dificultades.
DESCRIPCIÓN DA RUTA
A ruta comeza no pobo chamado Barcela. Iremos dende alí ata o pobo de Castro polo monte, por camiños polos que antigamente se levaba o gando. En Castro, sairemos á carretera para ver ao antigo castro que alí había. Despois, dende que xa vimos o castro, iríamos polo monte de novo cara Lamas, onde poderíamos ver o seu famoso muíño e as súas seimeiras.
Cando fagamos esta ruta pasaremos polos seguintes pobos:
*Barcela
Barcela e un pobo no que atopamos 13 veciños actualmente. Tamén no pobo podemos observar unha Mina romana antiga e varios hórreos.
*Aldrobén
No pobo de Aldobrén hai 10 veciños actualmente. Poderemos ver unha capela,varios horreos e unha fonte antiga.
*Castro
O pobo de Castro de Lamas é moi pequeno hai, actualmente só o habitan 4 veciños. No pobo de Castro poderemos atopar uns castros situados no Monte da Croa.
*Lamas de Moreira
O PATRIMONIO QUE ATOPAMOS EN LAMAS DE MOREIRA.
- Iglesia Parroquial Románica reconstruida no século XVIII. Consta de atrio, nave e ábside (de gran riqueza escultórica). Xisto e Lousa, con estructura de madeira. Reloxo de sol. Espadana de sillería con papaventos. Tratase duna iglexa que ten a pranta de cruz latina, foi construida con mampostería de pizarrosa. Accedese a ella a través dun pórtico cuberto cun tellado de pizarra a tres augas. A entrada é un arco, ó igual que a entrada principal da iglexa. O campanario está dividido en dous corpos. Un está dividido en tres vanos arqueados para as campás, mentres que nas zonas altas destacan os remates de pedra que culminan en bolas.
- Casa do Pazo. Edificio de planta rectangular de baixo e piso, con unha torre engadida ó plano de fachada nun dos seus extremos. Os materiais son sixto madeira e lousa. A Capela e de planta cuadrada de 5x5 m. con un pequeno atrio. A cuberta e de lousa a catro augas e as paredes son de xisto. No interior cúpula semiesférica paredes e teitos revocados e pintura en branco.Ten un hermoso retablo policromado e relicario con porta de madeira tallada e policromada embutido no muro. Atrio con pia de auga bendita.
- Muíño da Casa de Rairo. Edificio de dous andares, construción en duas fases:
1ª- Muiño con unha moa, cornixa e revoco
2ª- Engadido duna construcción de mais superficie na que se instalan duas moas novas.
O conxunto está realizado con xisto no cerramento e lousa na cuberta. Ponte de madeira sobre o río.
- Celeiro de Arango. Edificio de planta circular de 7m. de diámetro con muros de mampostería de xisto . Cúbrese directamente cunha cuberta de palla .O remate da coronación dos muros faise con lousa. A estrutura e a carpintería e de madeira.
- Horreos da Casa de Caetano. Son pequenos, de planta cadrada con estructura e cerramento (en roxo) de madeira, cuberta de lousas a catro augas, corredor perimetral pechado.
- Horreo da Casa dos Riberas. É cadrado coas esquinas achaflanadas e corredor pechado de madeira. Cuberta de lousa a catro augas. Sostido por catro pés que descansan sobre os muros de una pequena adega.
- Galería da Casa dos Riberas. Pranta rectangular de madera de castiñeiro, con decoracións e grabados nos panos cegos nos tornapuntas (ménsulas e capiteis) e na cornisa.
- Horreo da Casa de Rairo. Planta cuadrada con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas, con corredor perimetral pechado. Con anterioridad tiña a cuberta de palla.
- Horreo de planta cuadrada con estructura e cerramento de madeira, Tornapuntas exteriores e perimetrais e cuberta de lousa e palla (á facha) a
catro augas. Sostida por catro pés que descansa nunos muros duna posible adega (en ruina).
- Horreo da Casa de Eiros. Planta cuadrada con estrutura e cerramento de madeira, cuberta cónica de palla (á facha) a catro augas.
- Hórreo de Ferreiro o da Cruz do Campo Planta cadrada con estructura e cerramento de madeira, con adornos puntuais e cuberta cónica de palla (á facha).
- Ponte Pequena. Ponte que consta dun único arco de medio punto realizado en mampostería de xisto que salva aproximadamente 6.00m o cauce dun pequeno río.
- Ademáis atoparemos muíños, fontes a casa reitoral e a Capela de Santo Estevo-Vilabol da Tracoeira
Nos pobos nomeados non hai festas de baile, mais hainas con comidas. No pobo de Lamas de Moreira si poderemos desfrutar das seguintes festas de baile, sempre que as visitemos nesas data: Santa Lucia, Pascua, San Antonio, Sta María. Polo inverno, no carnaval, tamen fan festas de disfraces e hai sempre baile. Polo outono fan o magosto con castañas asadas quentes e un acordeonista.
Información recollida de :
-http://www.fonsaweb.com/01_pobos/Lamas_moreira/MOREIRAP.HTM
-http://www.pueblos-espana.org/galicia/lugo/lamas+de+moreira/
-http://www.portalpueblos.com/pueblo-lamas-de-moreira-14582.html
VIDEO RELACIONADO COA PARROQUIA DE LAMAS DE MOREIRA:
http://www.youtube.com/watch?v=03KkWOPIrwM&feature=youtube_gdata_player
Presentación:
http://picasaweb.google.com/oiealbei/TaniaRuta#slideshow/5542669271752907426
Foto de por donde pasa a ruta dende o aire:
Sem comentários:
Enviar um comentário