DENDE SAN CIBRÁN ATA OUTONAIS
DANIEL DORADO DÍAZ
Tempo aproximado: dende as 10 da mañán ata as 18 da tarde.
O que e necesario levar: calzado adecuado e unha mochila para a comida.
Lugares polos que pasamos: pasamos por todo o pobo de Vilalba e Labiada, visitando os horreos e a capela de Labiada. Pasamos pola Trapa, o Couso e Outonais.
Elementos do patrimonio: horreos, capelas, pallozas, fontes, regatos, fragas de carballos e algún castaño.
Grado de dificultade: medio
Descripción do itinerario: saímos de San Cibrán cara Vilalba por unha estrada de asfalto. Chegamos a Vilalba e visitamos, con paciencia, todos os horreos do pobo. Despois visitamos a capela e seguimos a ruta cara a Trapa, por un camiño de terra moi bonito con árbores ás súas beiras. Chegamos á Trapa e vemos unha capela moi antiga, e proseguimos cara Outonais, donde hai construcións moi vellas tamén, casas de pedra tradicionais coas súas palleiras e alpendres, e outra capela. Aquí remátase a ruta.
O PATRIMONIO QUE ATOPAMOS NO CAMIÑO
Capela de san Cibrán: trátase dunha capela vella, xa arruinada, que noutro tempo foi igrexa parroquial. Hoxe a misa celébrase noutra igrexa que é de nova construción. Os muros son de pedra e o teito a catro augas en lousa do país, aínda que o seu estado é de avanzada ruína.
Horreos en san Cibrán e Vilalba: son de madeira, de estrutura cadrada e érguense sobre catro pes de madeira. Cúbrense cun teito de lousa ou de palla.
Capela da Nosa Señora da Paz: pertence ao estilo Barroco rural e pode datar do século XVIII. Ermida de planta rectangular con teito de entramado de madeira a dúas augas. Os muros son de cachotes de xisto. Na fachada vemos un arco da entrada feito con laxas de xisto como doelas. A espadana semella engadida despois aínda que o remate semella recollido da espadana orixinal.
Casa de García. Conxunto formado por vivenda, hórreo, palleira e pozo.
Casa do Sr. Armando. Vivenda de planta ovalada. Pertence á tipoloxía de “Palloza”, formando un volume único con gran pluralidade de espazos estreitamente relacionados cas múltiples actividades agrícolas.
Palloza: con teito de lousa, moi baixa e de planta circular, cunha porta vermella a doble folla.
Fonte: fonte de pedra cuns barcais para lavar a roupa
O PATRIMONIO VEXETAL E ANIMAL
Castiñeiros, xestas, toxos, uces, bidueiras, pinos, carballos, e dicir, bosques frondosos moi tradicionais destas terras que producen, ademais de madeira, outros froitos como castañas e estrume para o gando. No outono vamos ás setas ao monte para gañar cartos, pois nestas terras hai moitas.
Xabarís e corzos, que son animais salvaxes que hai en abundancia por esta zona, tan abundantes son que ás veces baixan aos pobos e danan os cultivos da xente.
Na época da caza moitos aficionados van a súa caza. A caza é un deporte moi común ao longo das terras polas que transcorre a ruta. Por este motivo, ao longo de período de caza, é recomendable non facer ruta en sábados, domingos ou festivos. Deste feito sacamos en conclusión que a caza tamén prexudica nalgúns aspectos á vida diaria da xente. Os xabarís aliméntanse dos froitos das árbores e das herbas dos prados.
Para ver presentación de fotos da ruta clicade na seguinte ligazón:
http://prezi.com/uuvs7owtbcuy/ruta-de-vilalba-de-trapa/HORREOS DE VILALBA
MAPA DA RUTA
Sem comentários:
Enviar um comentário