RUTA POLO EMBALSE DE SALIME
María García Ruiz
Da ponte Boadil á ponte de Río de Porcos e as minas de ferro.
GRADO DE DIFICULTADE: Medio.
MEDIO DE TRANSPORTE: pódese ir en canoa, bici ou piragua ata a ponte de Río de Porcos. Logo ata as minas débese ir andando. Se é no outono-inverno farémola en bicicleta e se fora na primavera-verán fariamola en canoa ou piragua.
O QUE É NECESARIO LEVAR: roupa de auga, calzado resistente, toalla por si nos mollamos, comida e bebida (un bocadillo,auga, fruta,etc)
DESCRIPCIÓN DO ITINERARIO: Saése do ponte Boadil e, depende por onde vaiamos, (embalse-camiño), dirixímonos ata Río de Porcos onde deixaremos as nosas valsas, ou o camiño, para pasar pola ponte colgante.
Se vamos polo río, habería que subir río arriba polo embalse ata atopar a seguinte ponte, unha estrutura de madeira que colga sobre o río suxetada por cables de ferro: a ponte colgante de Río de Porcos.
Unha vez chegado ao pobo de Río de Porcos, nada máis sair da ponte, colleremos o camiño que vai para o pobo, que esta tapado con muros. Ao final do camiño atopamos as pistas, por onde continuaremos a viaxe ata as minas de ferro.
ELEMENTOS DO PATRIMONIO
A Ponte Boadil: é unha ponte de formigón construida cando se fixo o embalse de Salime no ano 1956. A parte superior está construída en ferro con forma de arcos amarelos que se dirixen ao exterior, a estructura esta formada por arcos de medio punto e columnas.
A Ponte de Río de Porcos: é unha ponte colgante que foi construida no ano1956. É de madeira e esta suxeita con uns cables de ferro.
As minas de ferro: son unhas minas das que se extraía ferro noutro tempo, unha especie de covas no interior das rochas que están no alto da montaña, enriba do pobo de Río de Porcos. Empezouse a extraer ferro delas hai moitos anos.
Embalse de Salime. Sitúase nos límites entre Asturias e a zona do oriente lucense, sobre o cauce do río Navia. Construiuse nos anos 50 do pasado século e ten unha capacidade de 265.60hm3.1. É o terceiro embalse construído no río Navia, logo dos de Arbón e Doiras. O seu aproveitamento é fundamentalmente hidroeléctrico aínda que tamén se organizan actividades lúdicas e recreativas
Fauna: aves típicas da zona como corvos, buítres, falcóns, aguias ou aves nocturnas como as curuxas. Tamén atopamos patos e peixes de río como truitas. Ademáis é lugar habitual de animais salvaxes como corzos e xabarís, así como de animais domésticos: vacas, cabalos, burros, etc.
Flora: polo tramo do embalse-camiño, podemos atopar varios tipos de árbores como por exemplo: castaños, nogueiras, faias, arbustos de madroños. No interior do pobo de Río de Porcos atopamos diversos tipos de árbores frutais (maceiras, pereiras, pexegueiros, figueiras, etc). No tramo entre o pobo e as minas non existe case vexetación, debido a que esta todo o chan cuberto de rochas. Ao longo do camiño, sobre todo se o facemos na primavera-verán, atoparemos tamén fermosas flores salvaxes que nacen nos prados ou á beira dos camiños.
Para ver presentación de fotos da ruta pincha no seguinte enlace: http://www.slideshare.net/EUSONSABELA/presentacion-maria-garca
Sem comentários:
Enviar um comentário