RUTA DA POBOA DE BURÓN
Da Fonsagrada á Pobóa de Burón.
Un traxecto realizado por un camiño que sae do norte da Fonsagrada e atravesa a montaña ata chegar á Poboa. Trátase dunha ruta de pouca dificultade.
-TEMPO ESTIMADO
A súa duración estimada é de 1-2 horas máximo.
-DESCRIPCIÓN DO ITENERARIO.
-O traxecto comeza fronte á casa do concello situado na rúa Burón (A Fonsagrada).
-Seguir a rúa Burón ata chegar a unha división de camiños fronte ao bar Manolo.
-Collermos o camiño da esquerda e comezamos a andar costa abaixo. Seguiremos este camiño todo o tempo. Atoparemos cunha paisaxe de bosque e serra, cun pequeno tramo de medio quilómetro de carreteira ata chegar á Poboa.
Esta comarca esta formada por 60 casas aproximadamente e dividida en 4 barrios:
-Triana ou Tranvasaugas
-Chao
-Milladoiro
-Cruz Nova
Pola Poboa de Burón pasa tamén un tramo do “camiño primitivo”. Trátase dun dos tramos máis antigos do camiño de Santiago.
A paisaxe que nos imos atopar está modelada pola acción humana, presentando o aspecto dunha terra labrega traballada durante anos. Durante a viaxe veremos Fraxinus excelsior cunha casca gris rugoso e agretada e Pynus silvestris, de tronco reto e cónico . Algunhas especies animais comúns da zona son os raposo e as lebres, aínda que só se ven nalgunhas épocas do ano .
-O QUE SE PRECISA LEVAR
Bebida e comida de acordo coas necesidades de cada un. Cámara de fotos. Debido a pouca dificultade que ten esta ruta non e necesario levar moita carga, mais si roupa cómoda.
Poboa de Burón :
RUTA A SEGUIR NO MAPA DENDE O AIRE
O coñecido castelo que ten (actualmente en ruínas) :
A Poboa de Burón posúe un destacado castelo medieval. O castelo pertencía aos Condes de Altamira do Val Burón. As terras de Negueira e de a Fonsagrada formaban parte da Poboa de Burón (formando así as Terras de Burón) dende o 1200. Cara o século XIV, estas terras caeron baixo o poder dos condes de Trastámara e pasaron os condes de Altamira cara o 1480. Os buroneses loitaron contra os impostos que tiñan que pagar, pero os señores feudais sempre gañaban as loitas contra as revoltas irmandiñas. Despois no século XIX a historia fonsagradina esta ligada a “Guerra da Independecia” e as “Guerras Carlistas” (1833-1840). Finalmente no 1835 sepáranse do concello de Burón.
A súa fervenza:
Antigamente no que comprendía as Terras de Burón pasa un afluente do río Eo; o río de Riotorto. Esto é considerado hoxe en dia como reserva da Biosfera.
Datos obtidos: Buscador de Google. Google earth. Google imaxes. Www.casadabastida.com e www.wikipedia.org
O contiod desta ruta e bon pero e algo curto
ResponderEliminar